Vedas do marisco en Galicia para o ano 2016
Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2016
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2016. Este documento establece o réxime necesario para permitir a explotación marisqueira na comunidade galega coas garantías dunha boa xestión do recurso, tendo en conta os datos e informes científicos dispoñibles. Faio mediante unha serie de normas para realizar a actividade extractiva do marisqueo e da recolección de algas; por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.
A través del a Consellería do Mar aproba un total de 205 plans de explotación entre os que destacan novos plans para especies como as anemones ou o equinodermo holoturia Holothuria forskali, coñecido popularmente en Galicia como "carallo de mar", "o que demostra o interese crecente por parte do sector na explotación comercial deste tipo de especies" destaca a Consellería. Outros recursos que incorporan varias confrarías aos seus plans de explotación como actividade complementaria para diversificar a súa actividade, son o ourizo e as algas. Ademais son varias as entidades que, a través dos plans de explotación, prevén reiniciar a extracción comercial de reló, extracción que pode realizarse para o intervalo de tallas comprendido entre 30 e 35 milímetros.
Deses 205 plans de explotación, 46 corresponden ás autorizacións administrativas marisqueiras, 48 son plans específicos para as zonas de libre marisqueo, 35 son para a extracción de percebe e 18 para equinodermos. Ademais, 25 son para a extracción de solénidos (navalla, longueirón, longueirón vello), 6 son para a extracción de peneira, 18 para algas e 9 para a extracción de anemone.
Para a xestión do polbo, a centolla e o boi de mar haberá plans específicos.
Especie | Períodos autorizados para o ano 2016 |
---|---|
Períodos publicados no Diario Oficial de Galicia | |
Nécora (Necora puber): | De 1 a 5 de xaneiro e de 1 de xullo a 31 de decembro. |
Lumbrigante (Homarus gammarus): | De 1 de xaneiro a 31 de marzo e de 1 de xullo a 31 de decembro. |
Langosta (Palinurus elephas): | De 1 de xaneiro a 30 de setembro. |
Santiaguiño (Scyllarus arctus): | De 1 a 5 de xaneiro e de 1 de outubro a 31 de decembro |
Cangrexo (Carcinus maenas): | Todo o ano. |
Conguito (Macropipus corrugatus): | Todo o ano. |
Patulate (Macropipus depurador): | Todo o ano. |
Ver a orde completa